Unha curta emocionante, sentida, tenra , sinxela na súa facturación pero conmovedora e gañadora do Óscar ao mellor corto de animación do ano 2000.
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
20/02/2013
1898: Nace Enzo Ferrari.
![]() |
| Ferrari 125 ( 1947) |
O 18 de febreiro de 1898 nacía en Módena (Italia) o fundador da Scuderia Ferrari, Enzo Anselmo Ferrari. Empezou na industria automobilística nunha pequena fábrica, a CMN, de Milán. Alí compra un Alfa Romeo de segunda man e empeza a competir en carreiras. Logo destaca e a casa Alfa Romeo contrátao. Na Segunda Guerra Mundial , xa co seu propio negocio, vese obrigado a traballar para o goberno fascista. En 1940 funda a Auto Auro Construzioni Ferrari. Rematada a Guerra, retoma as carreiras de coches e deseña o Ferrari 125. A partir de entón empezou unha carreira imparable de éxitos e tropezos que remataría coa súa morte en 1978.
19/02/2013
Tolerantia
A intolerancia destrúe todo o que atopa ao seu paso sen que reparemos no esencial do xénero humano. Sen palabras , cunhas imaxes moi ben escollidas , só co imprescindible Yván Ramadán consegue unha curta impecable chea de significado e de mensaxe para quen queira entender.
!937: Morre Horacio Quiroga.


O 19 de febreiro de 1937, o escritor Horacio Quiroga poñía fin a súa vida nun hospital de BB.AA. despois de enterarse de que padecía un cancro de próstata. Empezou como escritor cun libro que mezcla verso e prosa, Arrecifes de coral. Tamén foi autor dun par de novelas , pero o xénero que o consagrou como escritor foi o conto. Algúns críticos ven nas súas narracións influenzas de AllanPoe. Mais Quiroga ten un estilo propio. As súas obras están ambientadas na selva, corresponden a este grupo títulos como Cuentos de amor, de locura y de muerte, Cuentos de la selva, Anaconda,ete. O máis impactante da prosa de Quiroga é o realismo co que ambienta os seus relatos e o creíble das tramas , sempre cheas de violencia, horror ou loucura, xunto cunha fina observación da conduta humana que nos leva a crer que realmente nos pode pasar o que está contando.
18/02/2013
128 anos da publicación de Huckleberry Finn
Tal día coma hoxe de 1885 Mark Twain publicaba a súa novela As aventuras de Huckelberry Finn. A obra transcurre na beira do río Mississippi e os seu protagonista, Huck, vive moreas de aventuras. Nunha obra anterior, As aventuras de Tom Sawyer, Huck faíse con 6000 $ co seu amigo Tom. Agora ;Huck é o protagonista da súa propia novela na que seu pai, un alcohólico sen escrúpulos, o secuestra para quedarse cos seus cartos. Así que Huck terá que...
En fin, se queres saber máis, le a obra.
Regarei con bágoas os teus pétalos.
A historia da relación entre unha rosa e unha pinga de auga contada por...
17/02/2013
Perfeito
E se fose posible crear un amor á nosa maneira? Unha curta que casa dun xeito extraordinario a música, a imaxe e a historia. Disfrútaa.
1836: Nace Bécquer.
O 17 de febreiro de 1836 nacía en Sevilla o escritor Gustavo Adolfo Bécquer, de nome real G.A. Domínguez Bastida. Viviu ata os 18 anos en Sevilla e despois trasladouse a Madrid. Como tiña un irmán pintor, Valeriano, viaxou moito por diversas cidades. En 1858 enfermou de gravidade e pasou a súa convalecencia escribindo El caudillo de las manos rojas, a primeira das súas famosas Leyendas, un conxunto de relatos fantásticos con elementos sobrenaturais. É considerado o iniciador da poesía moderna española e a súa influenza chega ata os nosos días. Entre os anos 1867 e 68 escribiu a maior parte das súas Rimas, pero, cousas do destino, perdéronse e só puido recuperar as que recordaba de memoria. Ademais das obras citadas, tamén escribiu sobre teoría literaria en Cartas literarias a una mujer e fantásticas descripcións de paisaxes en Cartas desde mi celda. No seguinte enlace podes buscar máis información : http://www.cervantesvirtual.com/bib/bib_autor/becquer/
Subscrever:
Mensagens (Atom)



