+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

17/02/2013

1836: Nace Bécquer.

O 17 de febreiro de 1836 nacía en Sevilla o escritor Gustavo Adolfo Bécquer, de nome real G.A. Domínguez Bastida. Viviu ata os 18 anos en Sevilla e despois trasladouse a Madrid. Como tiña un irmán pintor, Valeriano, viaxou moito por diversas cidades. En 1858 enfermou de gravidade e pasou a súa convalecencia  escribindo El caudillo de las manos rojas, a primeira das súas famosas Leyendas, un conxunto de relatos fantásticos con elementos sobrenaturais. É considerado o iniciador da poesía moderna española e a súa influenza chega ata os nosos días.  Entre os anos 1867 e 68 escribiu a maior parte das súas Rimas, pero, cousas do destino, perdéronse e só puido recuperar as que recordaba de memoria. Ademais das obras citadas, tamén escribiu sobre teoría literaria en Cartas literarias a una mujer e fantásticas descripcións de paisaxes en  Cartas desde mi celda. No seguinte enlace podes buscar máis información : http://www.cervantesvirtual.com/bib/bib_autor/becquer/

Sem comentários:

Enviar um comentário