A Lei de Normalización Lingüística do 15 de xuño de 1983 tiña como finalidade normalizar o uso da lingua galega e garantir os seus dereitos legais.
Pasaron 30 anos e as cousas están como están: os nosos dereitos mermados, a presenza da nosa lingua cada vez menor nos medios de comunicación e na vida cotiá, a lingua ninguneada polos poderes públicos...
Toca loitar para non seguir recuando, toca loitar por manter os dereitos adquiridos ao longo de tres décadas, toca loitar por acadar maior presenza da nosa lingua en tódolos eidos da vida, toca loitar para que os nosos fillos e fillas disfruten de mil primaveras máis en lingua galega sen complexos, sen porcentaxes, sen imposicións centrais...
No seguinte enlace podemos revisar o seu texto: http://www.boe.es/ccaa/dog/1983/084/g01893-01899.pdf
Sem comentários:
Enviar um comentário