O 12 de maio de 1913 morría en Barcelona Enriqueta Martí i Ripollés, a "vampira del Carrer del Ponent" ou a "vampira de Barcelona".
Esta muller encheu de horror a primeira década do século XX barcelonés: secuestraba, prostituía e asasinaba a nenos e nenas. Ao longo da súa vida foi detida por varios delitos, dunha volta por rexentar un prostíbulo de menores de entre cinco e dezaseis anos, pero como había xente importante entre os clientes saíra libre.
Polo día , vestida de posdioseira pedía polas rúas con nenos "alugados" ou roubados, pola noite, vestida de marquesa, exercía a prostitución entre a xente ben.
Cando a detiveron definitivamente o que atoparon na súa casa estremeu a autoridades e curiosos: restos de nenos e nenas en sacos, gardados en botes de cristal, cabeleiras, pócimas feitas a partir das graxas dos corpiños ..., e un libro antigo con fórmulas misteriosas. Ao longo da investigación concluíuse que raptara e asasinara a unha morea de criaturas. Ademais destes arrepiantes achados tamén se atopou unha longa lista de nomes importantes, pero non chegou a ser publicada. Enriqueta morreu linchada polas súas compañeiras no patio da prisión en circunstancias pouco claras, de seguro os nomes da misteriosa lista alegráronse da súa morte , polo menos durmiron máis tranquilos.
Sem comentários:
Enviar um comentário