Autorretrato. Paul Gauguin. |
O 8 de maio de 1903 morría nas Illas Marquesas o pintor francés Paul Gauguin. Foi un dos fundadores da Escola Simbolista de Pont-Aven xunto con Seguin, Chamaillard e Bernard. Na súa obra hai unha profunda influenza de Cézanne e Pisarro. En 1890 , despois dun azaroso periplo vital marchou para Tahití onde pasou o resto da súa vida. Alí a súa técnica transformouse por completo, adoptando un debuxo simple e unha cor moi viva. Entre os seus títulos máis coñecidos están: A muller da flor, Os senos das flores vermellas, O ouro do seu corpo, etc.
No seguinte vídeo podemos botar un ollo a súa obra:
Sem comentários:
Enviar um comentário