Retrato de Galdós. (Joaquín Sorolla) |
O 10 de maio de 1843 nacía o escritor canario Benito Pérez Galdós. As súas ideas socialistas provocaron o resentimento en medios conservadores que se opuxeron á súa candidatura ao Nobel de Literatura en 1905 e 1912, premio que tiña ben merecido tanto pola calidade da súa obra como polo extenso da súa produción. Entre as súas novelas destacan La fontana de oro, La familia de León Roch, Marianela, Miau, Misericordia, Fortunata y Jacinta, Tristana...; o conxunto dos Episodios Nacionales nos que retrata a historia da España decimonónica , etc. Ademais tamén foi autor teatral: Realidad,, La loca de la casa, la de San Quintín, Casandra, Santa Juana de Castilla, etc.
Sen dúbida, Galdós é unha das figuras máis sobresaíntes das letras en español. A súa riqueza inventiva, a súa capacidade para crear personaxes , a súa profunda observación dos ambientes e da realidade social e política da época convérteno nun dos autores máis exemplares da literatura española.
A mellor maneira de celebrar o seu 170 aniversario é relendo unha das súas obras, calquera delas ha de deixarnos un bon sabor de boca.
Sem comentários:
Enviar um comentário