+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

22/05/2013

1813: Nace Wagner.

O 22 de maio de 1813 nacía en Leipzig (Alemania) o compositor Richard Wagner, un dos máximos representantes do Romanticismo alemán.
As súas primeiras óperas foron  un fracaso. Nas súas obras líricas as voces son un instrumento máis. A crítica cualifica a Wagner como mestre renovador da ópera, creou  o drama musical e influíu na música da súa época.
É famoso polas súas óperas: a tetraloxía O anel dos Nibelungos composta por O ouro do Rhin, A walkiria, Sigfrido e O ocaso dos deuses; O buque pantasma, Tahnhäuser, Lohengrin, Tristán e Isolda, Parsifal, etc. Ademais fixo composicións diversas; O idilio de Sigfrido ou Cinco poemas de Mathilde Wesendonk ,entre outras.
Wagner foi denostado polas súas ideas políticas, a súa obra artística  aparece unida ao nazismo, mais a súa música merece ser escoitada.
Aquí deixamos un fragmento de Tristán e Isolda:

Sem comentários:

Enviar um comentário