O Principiño cumpre 70 anos. O 6 de abril de 1943 publicábase Le Petit Prince de Antoine de Saint-Exupery.
Aínda que poida ser un libro para nenos, é un dos relatos máis lidos da historia da Literatura . Está traducido a ducias de linguas e as súas frases e debuxos enchen postais, láminas, tazas e todo tipo de obxectos susceptibles de ser mercados .
Con esta obra, o escritor e aviador francés non só creou a historia dun principiño, ademais ideou unha chea de sentencias que serviron e serven para reflexionar e buscarlle o sentido a unha vida que ás veces vai demasiado rápido ou que non acaba de cadrar.
Nos tempos que corren , nos que cada día nos erguemos con novas noticias sobre corruptelas, corruptos, vendidos, homes e mulleres arruinados , familias na miseria, desastres naturais a cotío ,crimes pasionais, explotación infantil, etc, etc ...voltar a ler este relato, saboreando nel, pensando no que di e dialogando mentalmente co neniño que viaxa nas súas páxinas pode supor un exercicio de auténtica hixiene mental.
Saint-Exupéry ben merece unha ollada despois de tantos anos: http://www.antoinedesaintexupery.com/oeuvre
Velaí portadas en diferentes idiomas:
Velaí portadas en diferentes idiomas:
Xaponés |
Hindi. |
Ruso |
Sem comentários:
Enviar um comentário