Foto: Gervasio Sánchez |
O 4 de abril foi designado en 2005 pola Asamblea Xeral da ONU como Día Internacional de Información sobre o Perigo das Minas e a Asistencia para as Actividades Relativas ás Minas.
É triste pensar que sexa necesario celebrar este día para chamar a atención sobre o tema ,pero é que hai países, inzados de minas , onde pisar o chan é un risco real .Estes artefactos foron creados para incapacitar ou matar a quen as pise, trátase de colapsar os servicios médicos inimigos e abofé que o conseguen porque mutilan gravemente a quen ten a desgraza de pisalas.
Fálase de máis de 110 millóns de minas espalladas por uns 64 países. Cal é o problema principal? Que unha vez rematados os conflitos bélicos as minas sementadas quedan agochadas baixo terra e seguen mutilando e matando ata 50 anos despois. Por iso, son varias as ONG que se adican a limpar o chan de zonas onde houbo guerras.
Ogallá algún día remate esta celebración, pero aínda teñen que pasar moitos anos para que "morran" as minas que quedan baixo terra ...
Foto: Gervasio Sánchez. |
Este recordo é moi triste, ninguén debería ser ferido polos problemas que teña outro. Moitas veces algúns países que están en guerra loitan en países pobres por que pensan que a xente que vive neles non vale nada, e iso non debería ser así. Pois a xente deses países son os que sofren as barbaridades que fan as nacións grandes e poderosas, que pensan que a xente doutra raza, por ser diferente e ter outras costumes é igual que sufran. Se alguén quere facer a guerra que a faga no seu país.
ResponderEliminar