O 10 de abril de 1868 , venres santo, estreábase na Catedral de Bremen unha parte do Réquiem Alemán do compositor Johannes Brahms.
A obra vén a ser unha reflexión sobre a morte a partir de textos extraídos da Biblia en alemán. Brahms empezara a compoñelo en 1856, ano da morte de Schumann, pero non o rematou ata o 1866, un ano despois da morte da súa nai. A fin última da obra é procurar consolo aos que quedan ante a morte. Consta de sete movementos e ten estructura cíclica, é dicir, remata coa reaparición do tema inicial do primeiro movemento.
Eís un anaquiño desta obra que nos dá unha idea desta marabillosa composición:
Sem comentários:
Enviar um comentário