Foto: Hoorst Faas |
O 16 de marzo de 1968, no curso da guerra de Vietnam, tivo lugar a "matanza de My Lai", unha auténtica carnicería perpetrada polo exército americano na rexión de Son My. Ese día, á sección do militar William Laws Calley foille asignada a zona de My Lai 4. Durante unhas catro horas, Calley e os seus homes violaron e asasinaron mulleres e nenas, queimaron as casas e arrasaron a aldea. Non contentos co feito, xuntaron aos que lograran sobrevivir e lincháronos. Asasinaron a máis de 300 persoas de todo xénero, idade e condición. O nome de My Lai quedou grabado na historia negra dos EE.UU. como proba das barbaridades cometidas polo seu exército en moitas das guerra nas que participou.
Triste aniversario. Máis triste aínda é que sigan pasando cousas parecidas en territorios de todo o mundo onde pobos enteiros son aniquilados a prol dun desenrolo industrial que eles non queren nin precisan.
Sem comentários:
Enviar um comentário