O 5 de febreiro de 1967 morría en Santiago de Chile a cantautora Violeta Parra. Foi unha das figuras chave na historia da música chilena non só polas súas composicións senón tamén polo seu traballo de investigación e recopilación do folclore chileno . As súas cancións inclúense dentro da canción protesta da época, pero tamén ten algunhas de carácter íntimo e persoal. Entre os seus títulos , sen dúbida, destacan Gracias a la vida e Volver a los 17.
A min gústanme as dúas pero aquí vou incluir Gracias a la vida porque penso que hai que dar grazas sempre , mesmo polas pequenas cousas , porque de ben nacidos é ser agradecidos. O impactante deste tema,que parece un canto á vida e a alegría de vivir, é que despois de compoñelo, Violeta suicidouse. Cousas que ten a vida...
Sem comentários:
Enviar um comentário