Agora que Víctor Hugo volve estar de moda grazas a película Os miserables, non queremos perder a ocasión de lembrar o seu aniversario. Tal día coma hoxe de 1802 nacía en Besançon (Francia) o escritor Víctor Hugo. Foi poeta , novelista e dramaturgo, un dos máximos representantes do Romanticismo francés. Empezou cunha novela Han de Islandia e despois adicouse ao teatro ( Cromwell Marion Delorme , Hernani ou Ruy Blas) rachando coas ríxidas normas das tres unidades. .Del son varios dos títulos máis importantes da historia da narrativa mundial: Os miserables, Nôtre Dame de Paris, Os traballadores do mar... Por último, lembramos que tamén foi un gran poeta , a súa obra aparece recollida en títulos como Odas e baladas ou Os cantos do crepúsculo , entre outras.
No seguinte enlace podes atopar algúns dos seus poemas: http://www.amediavoz.com/hugo.htm
Sem comentários:
Enviar um comentário