+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

11/01/2013

1922: Emprégase por vez primeira a insulina.

Leonard Thompson
O 11 de xaneiro de 1922 usouse por vez primeira a insulina como terapia para a diabete. O primeiro enfermo en recibila foi un neno de 14 anos, Leonard Thompson, que estaba moi grave.
Este feito supuxo a salvación de moitísimos enfermos ao longo da historia a partir daquel día.
Os descubridores deste remedio foron Frederik  Grant Benting e Charles Herbert Best, dous científicos canadenses.

Sem comentários:

Enviar um comentário