Tal día coma hoxe o 11 de novembro de 1831 foi axusticiado en Virxinia (EEUU) o escravo negro Nathaniel "Nat" Turner, un dos maiores antiescravistas na Guerra de Secesión americana.
O 21 de agosto daquel ano encabezou unha rebelión. El e os seus compañeiros pasaron a noite liberando escravos de casa en casa coa consigna de matar a tódolos blancos. En total morreron 55 persoas antes de que os rebeldes fosen detidos. Estivo meses fuxido ata que o prenderon e foi xulgado e condeado a morte. Aforcárono decapitárono e cortárono en anacos. Din que houbo xente que gardou partes do seu corpo como recordo.
Turner quería mellorar as condicións de vida da súa raza pero o que conseguiu foi que se endurecesen as leis. Para algún afroamericano é un heroe.
Está claro que se equivou na forma. A violencia só xenera violencia.
Sem comentários:
Enviar um comentário