Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
02/10/2012
1869: Nace Mahatma Gandhi
O 2 de outubro nacia en Portandar (India) Mohandas Karanchand Ganchi, coñecido como Mahatma Gandhi. Foi un político indio, xefe do nacionalismo na India e símbolo e precursor do pacifismo. Primeiro estivo en África onde se ocupou da defensa dos dereitos da comunidade india, alí fundou o periódico Indian Opinion. En 1914 voltou á India e colaborou cos británicos durante a Primeira Guerra Mundial. En 1919 tivo lugar a traxedia de Amristar na que as tropas británicas dispararon contra unha multitude de manifestantes que protestaba contra un decreto que recortaba os seus dereitos, morreron 379 persoas e quedaron feridas 120, este feito levou a Gandhi a animar a tódolos indios a protestar pola política colonial da Gran Bretaña. Despois foi presidente do Congreso entre 1924 e 1934. Pasou á historia por lograr a independencia da India a través da non violencia. Foi asasinado pouco despois de conseguir o seu obxectivo. Aquí che queda un vídeo con algunhas das súas frases.
Ollo, no vídeo hai erros ortográficos !
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário