O 28 de outubro de 1866 nacía en Vilanova de Arousa o escritor Ramón María del Valle-Inclán. Destacou entre os bohemios e modernistas da súa época. En 1902 publicou a súa primeira Sonata, Sonata de otoño e despois iría publicando Sonata de estío, Sonata de primavera e Sonata de invierno. Despois viría a triloxía das Comedias Bárbaras formada por Águila de Blasón, Romance de lobos e Cara de Plata., e o ciclo novelístico Las Guerras Carlistas,que inclúe Los cruzados de la causa, El resplandor de la hoguera e Gerifaltes de antaño. A partir de 1924 comenza a súa época do esperpento con Luces de Bohemia, dentro desta estética está tamén Martes de Carnaval ( formado por pezas cortas). En El ruedo ibérico (triloxía) recrea os últimos anos do reinado de Isabel II. Ademais escribiu unha novela de dictador , Tirano Banderas, outras obras teatrais como Luces de Bohemia , a obra poética Claves líricas e a colección de contos Jardín Umbrío.
Aquí che deixo un documental novelado sobre a vida e a obra de Valle-Inclán.
Sem comentários:
Enviar um comentário