O 20 de outubro de 1854 nacía en Charleville Jean Arthur Rimbaud. Foi todo un rebelde. Con 16 anos marchou da casa para levar unha vida bohemia en París. Nun texto titulado Carta do vidente dá mostras da súa procura poética. En 1871 escribiu un poema titulado O barco ebrio dirixido ao que ía ser o seu amante P.Verlaine, co que mantivo unha relación difícil que rematou cando o segundo lle disparou a Rimbaud. Fíxose famoso porque Verlaine o incluira na súa antoloxía Os poetas malditos(1884), . Os seus últimos poemas foron publicados por Verlaine co título de Iluminacións en 1886. Pero realmente non alcanzou o recoñecemento ata despois da súa morte en que foi considerado un dos grandes poetas de Francia e un precursor do surrealismo. No seguinte enlace podes afondar na súa vida e na súa obra: http://www.amediavoz.com/rimbaud.htm
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Sem comentários:
Enviar um comentário