O 16 de outubro de 1854 nacía en Dublín o escritor irlandés Óscar Wilde. Converteuse nun dandy que pronto se deu a coñecer na sociedade de París e de Londres. Era un férreo defensor da "arte pola arte". En 1881 apareceu o seu primeiro libro, Poemas, despois dunha longa viaxe por Europa e África. En 1891 estrenou en EE:UU a comedia A duquesa de Padua e en París escribiu a traxedia Salomé , que protagonizará Sara Bernhardt, con música de Strauss en 1896. En 1891 tamén publicou o libro O crime de lord Arthur Saville e outros relatos. Do mesmo ano é O retrato de Dorian Grey, a súa obra máis famosa. A partir de 1892 triunfa como autor de comedia con títulos como O abano de lady Windermere, Unha muller sen importancia, Un marido ideal ou A importancia de chamarse Ernesto. Despois de caer en desgraza acusado de sodomía , publicou dúas obras escritas no cárcere: Balada do cárcere de Reading e De profundis.
No seguinte enlace poderás ler textos seus: http://www.bibliotecasvirtuales.com/biblioteca/otrosautoresdelaliteraturauniversal/OscarWilde/index.asp
Sem comentários:
Enviar um comentário