Tal día coma hoxe de 1989 morría o novelista belga George Simenon. Foi un autor moi prolífico, máis de 600 títulos!!! A súa especialidade eran as novelas policiacas protagonizadas polo inspector Maigret que resolveu os crimes de títulos como O crime do inspector Maigret, Unha confidencia de Maigret, Maigret e o vendedor de viños, etc. Ademais escribiu obras de carácter autobiográfico como Cando eu era vello, Carta a miña mai, Mentras estou vivo ou Memorias íntimas e Pedigrí.
Moitas das súas obras foron levadas ao cine e a televisión con éxito.
Hala, a poñer a orella para entender este vídeo en francés:
Sem comentários:
Enviar um comentário