Tal día coma hoxe de 1962 morría Karen Blixen, coñecida como Isak Dinesen, escritora danesa. Viviu anos en Kenia adicándose ao cultivo do café, cando voltou a Dinamarca publicou Sete contos góticos, Memorias de África e Contos de inverno, que lle deron fama mundial. Outros títulos seus son Sombras na herba, Últimos contos, Cartas desde África.
A súa vida foi coñecida polo gran público coa adaptación ao cine de Memorias de África, unha das grandes películas da historia do cine que deberías ver. Déixoche aquí a BSO para que che entren ganas de vela: fotografía, música, actorazos, vestiario, ambientación...non tén desperdicio. Non perdas máis tempo e busca un momentiño para vela, pode que a teñan na túa casa ou na de algún amigo , ou na biblioteca...Tes que vela!!
Sem comentários:
Enviar um comentário