En realidade, o Festival empezou a xermolar no ano 1932 en Venecia, pero por cousas da política , Venecia empezou a favorecer ao cine italiano e alemán , isto non sentou nada ben entre a xente do cine. Alporizados, un grupo de franceses pediulle ao seu goberno que organizase outro festival. A cidade de Cannes ofreceuse a cosntruir unhas instalacións axeitadas e converteuse,así, na sé do novo festival. O 1 de setembro de 1939 inaugourouse o Festival International de Film, pero tivo que ser cancelado ao día seguinte por mor da guerra.
Acabada a guerra, tal día coma hoxe de 1946 celebrouse a 1ª edición do Festival. Aquí vai un vídeo de fotografías recordando a súa historia:
Sem comentários:
Enviar um comentário