Parece ser que tal día coma hoxe morreu o pintor flamenco Pieter Brueghel o Vello, e digo "parece ser" porque hai dúbidas de se foi o 5 ou o 9 de setembro.
Era un pintor dos chamados "costumistas", é dicir, que reflexaba nos seus cadros as escenas que vía a cotío ao seu carón. Nas súas pinturas mézclase o humor con certo patetismo que lles dá os seus cadros un aire especial. Algúns deles recordan aos cadros do Bosco porque parecen secuencias de soños, pero onde máis se inspirou foi no folclore do seu país e na vida rural. Os seus títulos máis coñecidos son: Combate de Carnaval e Cuaresma, A colleita, A sega, A danza dos labregos, etc.
Neste enlace http://www.reprodart.com/a/pieter-brueghel-el-viejo.html podes botar un ollo á súa obra .
Por se che apetece déixoche tamén este vídeo con música e todo:
Fíxate na cantidade de detalles que hai nos cadros, non perdas oportunidade se vas a Madrid de ir velo ao Museo do Prado.
Sem comentários:
Enviar um comentário