Tal día coma hoxe de 1936 nacía en Argelia o modisto francés Yves Saint_Laurent. Primeiro traballou e colaborou con Christian Dior e despois fundou a súa propia empresa. Entre os seus logros están a maxifalda , o pantalón entallado e o esmoquín feminino. Tamén ganou fama e cartos coas súas liñas de complementos e perfumaría.
Morreu en París no ano 2008.
Neste enlace podes atopar as imaxes dos seus modelos máis famosos. Algúns son verdadeiras xoias:
Sem comentários:
Enviar um comentário