Tal día coma hoxe de 1936 fusilaron pola espalda a Federico García Lorca, máximo representante da Generación del 27 e un dos máis grandes poetas en español de tódolos tempos, fusilárono por ser republicano e homosexual e porque o pobo escoitaba o que tiña que dicir e tiña moito. Dunha sensibilidade infinita, dotado do don da métrica e da palabra , Federico compuxo moitos dos títulos universais da poesía española: Poema de cante jondo, Romancero Gitano,Canciones, Llanto por la muerte de Ignacio Sánchez Mejías,Poeta en Nueva York, Sonetos del amor oscuro...Tamén son súas as grandes obras do teatro español , con protagonistas femininas convertidas en iconos intemporais: Bodas de sangre, Yerma, La casa de Bernarda Alba ou Doña Rosita la soltera. Pero Lorca era aínda máis grande ca súa obra, fundou un grupo de teatro ,La Barraca, que pretendía levar cultura por tódolos recunchos de España.
Na Residencia de Estudiantes en Madrid entrou en contacto con grandes xenios da arte do seu tempo e alí oiu falar galego e leu galego , por iso decidiu escribir seis poemas en galego. Aquí che deixo unha homenaxe á súa obra.
E aquí un poema seu feito canción:
Sem comentários:
Enviar um comentário