Tal día coma hoxe de 1903 nacía en Lugo Ánxel Fole, o noso Ánxel Fole. Sen dúbida é un dos grandes das nosas letras, os seus contos están á altura de nomes de sona internacional.
Non só foi un gran literato , o seu traballo no eido xornalístico é moi importante. No periódico El Progreso de Lugo creou e levou adiante o espazo Cartafolio de Lugo durante moitos anos. No 1932 fundou Yunque, unha revista literaria na que se publicaron por vez primeira os poemas galegos de García Lorca. E foi el o primeiro en publicar un artigo en galego no periódico vigués El pueblo gallego.
Entre os seus textos literarios , os máis destacados son: Á lus do candil, Terra Brava, Contos da néboa ou Historias que ninguén cre.
Aquí queda un vídeo para recordar a súa figura.
Sem comentários:
Enviar um comentário