
Tal día coma hoxe de 1901 nacía en Sicilia Salvatore Quasimodo. Foi un escritor italiano , primeiro fixo unha poesía hermética , difícil, pero co paso do tempo e despois de afiliarse ao partido comunista italiano inclinouse pola poesía comprometida socialmente. En 1959 concedéronlle o Premio Nobel de Literatura . Entre os seus títulos destacan: E de repente, a noite; Día tras día, A vida non é un soño, Dar e ter, etc. Ademais é considerado un dos mellores tradutores dos clásicos gregos e latinos ao italiano. Tamén escribiu o libreto para unha ópera de cámara titulada Orfeo Anno Domini MCMXLVII.
Aquí che queda o enlace para pasearte pola súa obra:
Sem comentários:
Enviar um comentário