Tal día coma hoxe de 1880 nacía en Roma o escritor francés Wilheim Apollinaris de Kostrowitzki, máis coñecido como Guillaume Apollinaire.
Foi, sen dúbida, un dos grandes dos vanguardismos europeos de principios do século XX. Participou da arte naïf, dos fauvismos e apoiou aos cubistas e aos futuristas. Foi voluntario na Primeira Guerra Mundial. Entre os seus títulos destacan: dous libros de contos: O encantador en putrefacción, O poeta asasinado; os libros de poemas Bestiario e Poemas a Lou; un drama surrealista: As tetas de Tiresias, varios textos eróticos como A fin de Babilonia, As once mil vergas e Memorias dun xove don Juan. Pero ,sen dúbida, o que máis fama lle deron foron os seus poemas gráficos, debuxos formados con palabras, os Caligramas, 86 poemas sobre o tema da guerra e da paz.
Aquí che deixo un enlace para que mergulles na súa obra: http://www.wiu.edu/Apollinaire/
E aí che vai un vídeo delicioso sobre el e a súa obra, cunhas imaxes antigas de París e unha música marabillosas:
Sem comentários:
Enviar um comentário