Tal día coma hoxe de 1864 o Consello Federal Suizo organizou unha Conferencia Diplomática en Xenebra para redactar o "Convenio de Xenebra para mellorar a sorte que corren os militares feridos dos exércitos en campaña". Entre os seus artigos destaca o primeiro polo que as ambulancias e os hospitais militares terán que ser recoñecidos neutrais, protexidos e respectados polos belixerantes mentras haxa neles feridos ou enfernmos. A neutralidade cederá no momento en que as ambulancias ou os hospitais estén gardados por unha forza militar. Nos artigos seguintes esténdese esta neutralidade a todo o personal vinculado aos hospitais.
Fíxate nas películas de guerra e verás como moitas veces falan da Convención de Xenebra. Esta foi a primeira, despois viñeron máis porque ben sabes que as cousas relacionadas cos dereitos das persoas é normal que se esquezan e houbo que volver aló varias veces.
Sem comentários:
Enviar um comentário