Tal día coma hoxe de 1635 morría en Madrid Félix Lope de Vega y Carpio. Pouco teño que contarche del porque aparece en tódolos libros de texto , pero imos darlle un repasiño para rematar cun vídeo que che vai gustar.
Chamábanlle "el Fénix de los ingenios" e "Monstruo de la naturaleza" porque era capaz de escribir unha obra de teatro nunha noite, a súa biografía non ten desperdicio, mira nunha enciclopedia. Despois de mil correrías erótico-festivas acabou sendo cura, pero aínda tivo tempo para ter dous fillos máis dos cinco recoñecidos que xa tiña. Pero imos coa súa obra, a ver cantos títulos recordas ter visto nos teus libros. Empezamos pola lírica: La Dragontea, La hermosura de Angélica, Rimas, Romancero general, La Andrómeda, Circe,, Rimas humanas y divinas del licenciado Tomé de Burguillos. Na súa prosa podemos salientar: a novela pastoril La Arcadia, a novela bizantina El peregrino en su patria, por exemplo. Pero onde triunfou pero de vez foi no teatro, un renovador auténtico, un rompedor, un xenio...Fálase dunhas 1800, repito 1800 comedias e 400 autos sacramentais, que che parece??? Aí van uns cantos títulos: Fuenteovejuna, Peribáñez y el Comendador de Ocaña, La dama boba, El perro del hortelano, El caballero de Olmedo, etc.
Agora quédache aquí un vídeo , un fragmento da película sobre a súa vida no que se escoita un dos seus poemas máis fermosos, presta moita atención:
Sem comentários:
Enviar um comentário