Tal día coma hoxe de 1474 nacía en Sevilla Bartolomé de las Casas que se converitiría no máximo defensor dos indíxenas en tempos da masacre-colonización-civilización dos indios polas tropas-colonos-asasinos que os Reis Católicos financiaron en América .
Foille otorgada unha "encomienda" da illa de La Española, pero acabou renunciando a ela en protesta polo trato que os colonos daban aos indíxenas. En 1512 foi ordenado cura e entrou no orden de Predicadores, non parou en ningún momento de defender aos indios . A el se debe a promulgación das Nuevas Leyes de Indias (1542) que pedían un trato máis xusto para os poboadores autóctonos. En 1546 foi trasladado a México e nombrado obispo de Chiapas onde deu a coñecer a súa obra Avisos y reglas para los confesores,coa que os colonos o odiaron de vez provocando que voltase a España. O máis importante da súa obra é Brevísima relación de la destrucción de las Indias que serviu para que se coñecese a verdade do que pasaba en América.
Sem comentários:
Enviar um comentário