Parece ser que tal día coma hoxe de 1385 , o rei Carlos II de Navarra organizou unha corrida en Pamplona. Disque mandou vir dous homes: un moro e un cristián que mataron dous touros por 50 libras. Na documentación non se di nada da orixe dos touros. Nos mesmos documentos do Arquivo de Navarra dise que en 1388 organízase outra corrida en Pamplona para agasallar á duquesa de Lancaster que estaba de paso na cidade; agora sábese que os animais procedían de Ribera de Navarra. Está rexistrado que nos anos posteriores se seguiron organizando festas deste tipo, polo que os investigadores conclúen que Pamplona é a cidade con máis tradición taurina. Pois que se quede con todo o mérito , eu son partidaria de que non se celebren porque me parecen unha aberración e unha salvaxada, pero ao mellor son unha ignorante.(?!)
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Sem comentários:
Enviar um comentário