Henry Dunant era un home de negocios. Nunha viaxe atopouse cerca de Solferino cunha batalla entre italianos, franceses e piamonteses.40.000 feridos e mortos!! En tal situación, vendo a homes feridos sufrindo, tentou axudar.
A experiencia marcouno tanto que escribiu o libro Recuerdo de Solferino onde plasma a idea de crear "sociedades de socorro en tempo de paz". Outros catro homes únense a el e forman o "Comité dos Cinco" dando orixe en 1863 ao Comite Internacional da Cruz Vermella. Redáctanse as bases, búscase o símbolo e comeza a andar. Hoxe dependendo da zona xeográfica podemos atopar os tres símbolos que ves aquí.
España é o 7º estado en entrar a formar parte da Organización.
Creouse tal día coma hoxe en 1864 e desde entón non deixou de prestar axuda a quen o necesita.
Non esquezas que para que a Cruz Vermella funcione son necesarios cartos ( de vez en cando estírate e solta un euro!), sangue ( en canto teñas os anos, faite doador!), medicamentos, etc.
Así que ...era ben que estiveses ao tanto e botases unha man nas campañas de recollida de cartos, xoguetes,libros, roupa, medicamentos, etc. O mundo dá moitas voltas e algún día podes ser ti o necesitado.
Sem comentários:
Enviar um comentário