Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!!
Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
15/07/2012
1834: Fin de la Santa Inquisición.
O 15 de xullo de 1834 queda abolido definitivamente o Tribunal da Santa Inquisición por un Real Decreto da raíña rexente María Cristina de Borbón. Sabes o que era a Santa Inquisición? Era un tribunal eclesiástico que tiña como finalidade perseguir a herexía e calquer outro delito contra a fe católica. O seu poder viña directamente do Papa. Dentro dos seus métodos, a tortura foi admitida por Inocencio IV para conseguir as confesións dos reos. En España entrou con Jaime I de Aragón e foi establecida nos distintos reinos hispánicos polos Reis Católicos, con eles recibe o nome de Santo Oficio e independízase do poder da Santa Sede.
O seu maior traballo levárono a cabo perseguindo xudeos, falsos conversos, bígamos, blasfemos , libros prohibidos e bruxas. As sentencias facíanse públicas non chamados "Autos de fe" e as condenas a morte executadas pola xustiza secular.
Aquí che deixo un documento gráfico das máquinas que empregaban para a tortura:
Sem comentários:
Enviar um comentário