O 30 de xullo de 1792 entraron en París os voluntarios de Montpellier e Marsella para defender a cidade. Ao fronte da tropa ía François Mireur, que escoitara unhas cantas veces unha composición do capitán de enxeñeiros Joseph Rouget de Lisle. Este, animado polo alcalde de París, creou un tema titulado Chant de guerre pour l'armée du Rhin e adicoullo ao Mariscal Luckner. Miseur escoitáraa en varios funerais oficiais, ensinoulla á tropa e entraron en París entonando o tema ao que os parisinos bautizaron como A Marsellesa. É o himno nacional francés desde o 14 de xullo de 1795.
Aquí cho deixo.
Sem comentários:
Enviar um comentário