Tal día coma hoxe de 1977 tiveron lugar as primeiras eleccións democráticas tra-la morte de Franco.Presentábanse moitos partidos, pero non todos conseguiron representación no Parlamento. Algúns daqueles partidos xa non existen e , seguramente, moitos nomes non che sonarán. Fíxate:
- Adolfo Suárez, por entonces presidente do goberno ( fora nombrado por Juan Carlos I en xullo de 1976). Partido polo que se presenta: UCD (Unión de Democrático ). (166 escanos)
- Felipe González: PSOE. (118 escanos)
- Santiago Carrillo: PCE ( Partido Comunista de España). (19)
- Manuel Fraga: AP ( Alianza Popular).(16)
- Enrique Tierno Galván. PSP , un grupo de partidos que formaran parte da Federación de Partidos Socialistas. (6)
- Joaquín Ruíz Jiménez.: Federación de Democracia Cristiana.
- Tamén concurren partidos nacionalistas pero non todos acadaron representación parlamentaria:
- Candidatura Aragonesa Independiente de Centro (1)
- Euskadiko Ezkerra (1)
- Esquerra de Catalunya (1)
- Unión del Centre y de la Democrácia Cristiana de Catalunya (2).
- Partido Nacionalista Vasco (8)
- Pacte Democrátic per Catalunya , seguro que che soa o nome do seu líder: Jordi Pujol (11).
Sem comentários:
Enviar um comentário