Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
11/01/2013
10/01/2013
1863: Inaugúrase o Metro de Londres.
O 10 de xaneiro de 1863 inaugurábase o metro de Londres, a primeira liña de ferrocarril suburbano para transporte de viaxeiros do mundo.
Como funcionaba a vapor eran necesarios moitos puntos de ventilación . Despois chegaron as locomotoras eléctricas que permitiron facer liñas a maior profundidade e moito máis rápidas e liña a liña o metro foi evolucionando ata o que hoxe coñecemos.
Os londinienses chámanlle ao seu metro "The Underground" ou "The Tube" pola forma dos tuneis.
09/01/2013
1324: Morre Marco Polo.
O 9 de xaneiro de 1324 morría en Venecia Marco Polo,un viaxeiro, comerciante e aventureiro veneciano. Cando era neno viaxou con seu pai e seu tío (comerciantes os dous) ata China onde foi acollido polo Gran Kan que o tomou baixo a súa protección e lle encargaría co tempo varias misións políticas e diplomáticas. Uns vinte anos despois, volveu a Venecia e nun viaxe posterior foi apresado polos xenoveses, mentras estivo no cárcere ditou o seu libro titulado O libro de Marco Polo ou Libro das marabillas do mundo.
08/01/2013
07/01/2013
1950: Morre Castelao.
O 7 de xaneiro de 1950 morría en Bos Aires o escritor, político e debuxante galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o noso Castelao.
Era médico, pero non exercía. Foi un dos eixos do nacionalismo galego e deputado durante a Segunda República. Trala guerra exiliouse a Arxentina. As súas ideas quedaron para sempre na obra Sempre en Galiza. Outros títulos seus son Cousas da vida (relatos), Nós (debuxos) e Galicia mártir.
No seguinte vídeo podes ver algún dos seus debuxos de Nós:
1986: Morre Juan Rulfo.
O 7 de xaneiro de 1986 morría en México o escritor Juan Rulfo. Aínda que só deixou dúas obras , El llano en llamas e Pedro Páramo, é un dos grandes escritores da Literatura Hispanoamericana. A primeira é unha colección de contos e a segunda, unha novela corta do chamado "realismo mágico" hispanoamericano.
No enlace que segue podes ler os contos:http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/esp/rulfo/jr.htmSe queres escoitar a Rulfo lendo un dos seus relatos, mira este vídeo:
06/01/2013
Subscrever:
Mensagens (Atom)



