Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
17/08/2012
1908: Primeria película de animación.
Tal día coma hoxe de 1908 tivo lugar a primeira proxección pública dunha película de debuxos animados, titulábase Fantasmagorie. Son 36 m. de cinta cunha duración de 1 minuto 57 segundos, obra do francés Emile Colh. En realidade,os historiadores non se poñen de acordo e algúns din que a primeira é obra do aragonés Segundo de Chomón que en 1905 fixo dúas películas: unha de animación ( El hotel eléctrico) e un documental ( Eclipse de sol) , outros din que a primeira foi A casa encantada de James Stuart Blackton.
O caso é que esta é Fantasmagorie:
16/08/2012
1888: Nace Lawrence de Arabia.

Tal día coma hoxe de 1888 nacía Thomas Edward Lawrence, máis coñecido como Lawrence de Arabia. Foi un militar inglés, membro de Servizo de Intelixencia Británico nos países de lingua árabe, tivo un importante papel como enlace na revolta árabe contra o dominio otomano na 1ª Guerra Mundial, na que ademais foi conselleiro do rei Husseim. Pasou á historia coma un personaxe de película, pero na realidade tamén foi arqueólogo e escritor, autor da obra Os sete pilares da sabiduría.
Nos seguintes vídeos podes ver un documental de media horiña sobre a súa vida.
1920: Nace BUKOWSKI
Tal día coma hoxe de 1920 nacía en Alemaña o escritor nacionalizado americano Charles Bukowski. De vocación tardía, empezou a escribir aos 35 anos. Na súa obra hai títulos de verso e de prosa, entre os primerios cabe destacar obras como O meu corazón está collido nas súas mans, Queimado na auga, afogado polas lapas, Guerra sen tregua: poemas 1981- 1984; entre a súa produción narrativa citaremos Escritos dun bello indecente, Carteiro, Ereccións, exaculacións, exhibicións e demais relatos da tolemia cotiá. Tamén escribiu obras auotbiográficas como Confesións dun home o bastante tolo para vivir con animais e Shakespeare nunca o fixo. Como ves polos seus títulos, a súa obra non se pode cualificar de convencional, está chea de dureza, presenta unha realidade marxinal e está marcada polo que nós chamaríamos retranca. No seguinte enlace podes revisar os seus poemas:http://amediavoz.com/bukowski.htm. 

15/08/2012
Anuncio mítico: Ponche Caballero , Las Trillizas.
1907: Nace Carmen Conde, primeira académica da Lingua Española.
Tal día coma hoxe de 1907 nacía en Cartagena Carmen Conde Abellán, a que había ser primeira muller membro da Real Academia de la Lengua Española.
Foi unha grande poeta, admirada por algún dos membros da Generación del 27 .Entre os seus títulos máis destacados están: Brocal ( libro de poemas en verso),Derribado arcángel, Esperando la vida, A este lado la eternidad...Polo libro antolóxico Obra poética 1929-1966 déronlle o premio Nacional de Literatura José Antonio Primo de Rivera (1967) . En 1987 acadou o premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.
Neste enlace podes ler os seus poemas: http://amediavoz.com/conde.htm.
1771: Nace Sir Walter Scott
Tal día coma hoxe de 1771 nacía o que ía ser un dos autores de novelas máis lido de tódolos tempos e un dos que máis fixo soñar a moreas de rapaces ao longo dos anos, Sir Wlater Scott. Foi un poeta e novelista británico que destacou sobre todo pola súa novela histórica. Sen dúbida o título que o consagrou no xénero foi Ivanhoe, pero no mismo estilo non podemos deixar pasar por alto títulos como Waverley, O anticuario, Rob Roy, A noiva de Lamermoore, Quentin Durward, etc. ; algunhas delas levadas ao cine con moito éxito.
Subscrever:
Mensagens (Atom)


