"...En una cárcel llamada Libertad..." Poderán encadearnos, aillarnos,prohibirnos isto e aquilo; mais non poderán impedirnos pensar e soñar. Por un mundo libre, esta curta de Eduardo Galeano. Que ninguén , nunca, acabe cos nosos soños.
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
16/02/2013
LOS PÁJAROS PROHIBIDOS EDUARDO GALEANO
"...En una cárcel llamada Libertad..." Poderán encadearnos, aillarnos,prohibirnos isto e aquilo; mais non poderán impedirnos pensar e soñar. Por un mundo libre, esta curta de Eduardo Galeano. Que ninguén , nunca, acabe cos nosos soños.
1923: Abren a cámara funeraria de Tutankamon.

O 16 de febreiro de 1923 ten lugar a apertura oficial da cámara funeraria de Tutankamon e o descubrimento do seu sarcófago. A tumba fora descuberta o 4 de novembro de 1922 por Howard Carter no Val dos Reis de Exipto. Consta de 4 salas e no seu interior agochaba máis de 5000 pezas, entre elas a máscara funeraria de ouro macizo de Tutankamon.
15/02/2013
Día Internacional do Cancro Infantil.
Apoiando aos enfermos e ás súas familias. Reivindicando o dereito a unha sanidade pública, de calidade e gratuita. Reclamando máis fondos para investigación. Desexando que moi pronto se poida deixar de celebrar este día. Lembrando aos que se foron. In memoriam.
1856: Comeza o franqueo do correo.
O 15 de febreiro de 1856 publicábase un Real Decreto polo que se facía obrigatorio o franqueo das cartas a partir do 1 de xullo do mesmo ano. Ademais, mandaba que non circularan as cartas sen selos salvo no caso de que non os houbese no punto de venda, daquela o Alcalde ou o Secretario do Concello debían escribir e asinar no sobre "no hay sellos" indicando a data e o lugar.
14/02/2013
Unha historia de amor
Unha curta de 1940 que conta unha historia de amor deliciosa. Atentos á canción .
Chicago,1929: A masacre de San Valentín
O 14 de febreiro de 1929 tivo lugar a chamada "matanza de San Valentín". Al Capone, un dos xefes da mafia italiana en Chicago, ordeou matar a sete membros dunha familia rival ( a familia Moran). Hai varias versións dos feitos e só os protagonistas sabían a verdade. Dise que Al Capone quería acabar co seu adversario, Bugs Moran, e planeou o ataque; mais, cousas do destino, Bugs librouse porque foi cortar o pelo e chegou tarde á cita coa familia...
13/02/2013
1837: Morre Larra
O 13 de febreiro de 1837 morría en Madrid o escritor Mariano José de Larra. Destacou no ámbito periodístico cos seus artigos cargados de sarcasmo e fina ironía nos que criticaba aqueles aspectos que detestaba da sociedade do seu tempo, ao prinicpio publicaba en El duende satírico del día baixo o pseudónimo de El Duende, despois viría a revista El pobrecito hablador baixo o nome de "Juan Pérez de Munguía" e a partir de 1832 colaborou coa Revista Española na que asina como Fígaro, o pseudónimo co que publicará a partir de entón. En 1834 viron a luz a súa novela El doncel de don Enrique Doliente e a peza teatral Macías. A medida que se sucedían os acontecementos sociais e persoais a incertidume e un fondo pesimismo apoderáronse del e rematou suicidándose na súa casa.
No seguinte enlace podes mergullarte na súa vida e na súa obra: http://www.cervantesvirtual.com/bib/bib_autor/larra/
A viaxe de Said.
Miles , millóns de persoas saen cada día das súas casas na procura dunha vida mellor. Fuxen da fame, da miseria, do desemprego, da guerra ou da violencia política. Algúns acadan o seu soño, outros deixan a vida no camiño. Said ten un soño...
Subscrever:
Mensagens (Atom)




