Tal día coma hoxe o 3 de novembro de 1901 nacía en París o escritor e político francés André Malraux. Foi un fervente defensor das ideas comunistas, de feito participou na Revolución China e apoiou aos republicanos na Guerra Civil española. Durante a Segunda Guerra Mundial foi xefe da Resistencia en Francia e trala guerra participou no goberno de De Gaulle. Entre as súas novelas destacan : A esperanza (na que lembra a súa experiencia na guerra de España), A condición humana, As voces do silencio, Antimemorias, etc.
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
03/11/2012
1954: Morre o pintor Henri Matisse.
![]() |
| A danza de Henri Matisse. |
O 3 de novembro de 1954 morría en Francia o pintor e escultor Henri Matisse. Empezou como impresionista, pero pouco a pouco foise encamiñando hacia o fauvismo. Entre as súas obras máis coñecidas están O mariñeiro da gorra, Odalisca con panatalóns vermellos, A danza,etc.
Bótalle un ollo a este vídeo:
02/11/2012
O cemiterio de Sapanta (Rumanía)
![]() |
| Unha imaxe do cemiterio de Sapanta |
Na localidade rumana de Sapanta hau un cemiterio moi "particular". En 1935 un artesán da madeira, Stan Ioan Patras, tallou a primeira lápida policromada e desde entón foron aumentando ata formar o que algúns chaman o "cemiterio da alegría" de Sapanta. Tódolos sepulcros levan unha cruz grega pintada de cores vistosas, logo aparece un debuxo que representa ao difunto traballando no seu oficio ou divertíndose co seu pasatempo favorito e xusto debaixo un epitafio moi "especial". A maioría son bromas ou chistes ,pero tamén hai algún con certa carga moral. A continuación tes algún destes epitafios adicados a maridos , mulleres e sogras:
*"Aquí descansa miña sogra, se vivira un ano máis, eu ocuparía o seu lugar."
*"Señor, recíbea coa misma alegría que eu cha mando".
*Xa estás no paraíso, eu , tamén".
*Tanta paz atopes , como tranquilidade me deixas".
"Aquí xace o meu marido, por fin ríxido".
"Aquí te espero".
No seguinte vídeo poderás ver algunhas imaxes deste lugar tan particular. Agardo que che guste.
1906: Nace Luchino Visconti.
O 2 de novembro de 1906 nacía en Milán Luchino Visconti di Modrona, conde de Lonate Pozzolo. Foi un director de cine italiano. Empezou como axudante doutro grande da historia do cine, Jean Renoir. Os estudosos califícano de neorrealista, nas súas obras xúntanse un forte realismo cun importante sentido estético e unha alta dose de pensamento marxista. Entre os seus títulos máis importantes destacan: Obsesión, Bellissima, Il Gatopardo, Morte en Venecia, A caída dos deuses...
01/11/2012
1895: Os irmáns Skladonovsky presentan o Bioscop, antecesor do cinematógrafo.
![]() |
| Bioskop |
O 1 de novembro de 1895 os irmáns Emil e Max Skladonovsky, alemáns de orixe polaca, presentaron nun teatro de Berlín un invento chamado Bioskop. Trátase dun proxector de cine e saiu á luz meses antes de que os irmáns Lumière fixeran a súa primeira exhibición comercial do cinematógrafo no Salón Indiano do Café de París o 28 de decembro de 1895. Aquí tedes as que son consideradas como primeiras imaxes filmadas:
31/10/2012
1945: Morre o pintor Zuloaga.
![]() |
| Autorretrato de Zuloaga. |
O 31 de outubro de 1945 morría en Madrid o pintor vasco Ignacio Zuloaga. Nos seus cadros déixanse notar as influenzas do Greco, Goya e Velázquez. Era un gran debuxante ao que lle gustaban os temas españois, cheos de dramatismo e de emoción. Algúns libros falan del como do pintor do 98. Entre os seus cadros destacan títulos como Toreros de pueblo, ídolos futuros, La familia de mi tío Daniel ou La condesa Mathieu de Noailles.
No seguinte vídeo faise un repaso pola súa obra:
1806 : Morre o pintor xaponés Utamaro.
O 31 de outubro de 1806 morría Kitagawa Utamaro, un pintor xaponés especialista en grabados . Era tan bo que a súa obra chegou a Europa e influiu nos pintores impresionistas. Na súa produción destacan as composicións de mulleres, pero tamén pintou a natureza, especialmente, os insectos.
No seguinte enlace aparece unha galeria on-line na que podes ver moitos dos seus cadros: http://eu.art.com/gallery/id--a52066/utamaro-kitagawa-prints_p3.htm?ui=044E3DB7D6CE4CE48B0D1F7E3057E217
Subscrever:
Mensagens (Atom)






