Menuda historia , eh??
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
06/10/2012
1866: Nace o primeiro locutor de radio.
O 6 de outubro de 1866 nacía en Canadá Reginald Aubrey Fessenden que se convertiría na primeira persoa en emitir pola radio un programa de voz e música.
Mira a ver qué podes averiguar sobre el e o seu traballo, se atopas datos interesantes publicarémolos aquí.
1927: Primeira película sonora
O 6 de outubro de 1927 estreábase nos EE.UU a primeira película sonora, O cantor de jazz. Producida pola Warner Bross Pictures, alternaba a voz e as cancións de Al Jolson con subtítulos. Foi dirixida por Alan Crosland, con guión de Alfred A. Cohn, música de Louis Silvers e fotografía de Hal Mohr. Estivo nominada ao Óscar como mellor guión adapatado e foi premio honorario por revolucionar a historia do cine.
Aquí che queda un anaquiño:
05/10/2012
1864: Nace Louis Lumière.
O cinco de outubro de 1864 nacía en Francia Louis Lumière , irmán de Auguste Lumière. Químico e industrial francés. Inventou e patentou en 1895a máquina de cine que proxectaba 16 imaxes por segundo . A pelícual Saída de obreiros da fábrica Lumière foi a primeira proxección pública da historia do cine.

1880: Morre o compositor Offenbach.
O cinco de outubro de 1880 morría en París o compositor francés de orixe alemá Jacques Offenbach. Foi director de orquestra do Théatre Français entre 1850 e 1855. Destacou na composición de operetas e óperas bufas. Entre os seus títulos máis coñecidos destacamos: Orfeo nos infernos, A bella Helena, A gran duquesa de Gérolstein e a ópera Os contos de Hoffman.
Aquí che deixo un tema seu levado ao cine na película La vita è bella:
04/10/2012
1895: Nace Buster Keaton.
O 4 de outubro de 1895 nacía en Estados Unidos o actor e director de cine Joseph Francis Keaton, Buster Keaton. Foi unha estrela do cine mudo. En España era coñecido como Pamplinas. Os seus títulos máis coñecidos son: O cameraman, O navegante, O maquinista da Xeneral, no cine mudo; e no sonoro, Golfus de Roma, por exemplo.
Din que no seu contrato había unha clausula que lle prohibía rirse en público, pero será unha lenda urbana...ou non.
Din que no seu contrato había unha clausula que lle prohibía rirse en público, pero será unha lenda urbana...ou non.
Aquí che queda unha selección do seu traballo:
03/10/2012
Subscrever:
Mensagens (Atom)



