Tal día coma hoxe de 1890 nacía Agatha Christie, novelista británica. Foi unha autora de moito éxito no xénero policiaco. Escribiu moreas de libros, a maioría ambientadas na época anterior á Primeira Guerra Mundial. Os seus personaxes máis famosos son Hércules Poirot e Miss Marple. Citar a súa obra sería o conto de nunca acabar, pero aí van uns cantos títulos: Asasinato no Orient Express, Os dez negriños, Morte no Nilo...Moitas das obras foron levadas ao cine con éxito . Hai que decir tamén que unha peza de teatro súa, A ratoeira, estivo en cartel en Londres máis de vinte anos ( que xa son anos para unha obra de teatro!!)
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
15/09/2012
1253: Nace Marco Polo.
Tal día coma hoxe de 1253 nacía en Venecia o viaxeiro Marco Polo. Nado nunha familia de mercaderes, estaba destinado a recorrer mundo. Cando era un rapaciño de 17 anos acompañou a seu pai nunha viaxe a China, alí o gran kan converteuse no seu protector e encargoulle varias misións tanto políticas como diplomáticas. Despois duns anos volveu a Venecia e foi capturado polos xenoveses, mentras estivo preso dictoulle O libro de Marco Polo ou Libro das marabillas do mundo ao escritor Rustichello.
Aquí che queda a primeira parte dun documental sobre Marco Polo, se che interesa tes a continuación en Youtube.
Anuncio mítico:Pepsi: Nike contra Adidas.
Se tódolos anuncios fosen así , vería máis a tele...
Boísimo, ou non??
Boísimo, ou non??
14/09/2012
1920: Nace Mario Benedetti.
Tal día coma hoxe de 1920 nacía en Uruguay o escritor Mario Benedetti, unha das figuras máis grandes das letras hispánicas.
A súa obra é moi ampla, pero podemos dividila por xéneros para darlle un repasiño:
En narrativa destacan El último viaje y otros cuentos, Quién de nosotros, La tregua, ou a súa autobiografía , La borra del café. Dentro do ensaio podemos citar Peripecia y novela, Marcel Proust y otros ensayos, Sobre artes y oficios. Dentro da súa producción dramática cabe salientar Ustedes, por ejemplo;Ida y vuelta, etc. Dentro da lírica ,hay tantos títulos que eu recoméndoche que busques a súa Antología poética, hai edicións moi económicas e merece convertila en libro de cabeceira. Por desgraza , xa morreu pero quédanos a súa palabra e a súa voz. Empeza a descubrilo neste enlace: http://amediavoz.com/benedetti.htm.
Mira este vídeo:
13/09/2012
1967: Nace o atleta Michael Jhonson.
Tal día coma hoxe de 1967 nacía en Dallas o atleta estadounidense Michael Jhonson. Foi ouro cinco veces en tres Xogos Olímpicos e bateu o récord do mundo de 400 metros con 43'18, marca que segue intacta a día de hoxe, sendo campión do mundo en catro ocasións.
Así se bate un récord do mundo:
1506: Morre o pintor Andrea Mantegna.
Tal día coma hoxe de 1506 morría o pintor italiano Andrea Mantegna. Figura clave do Renacemento, foi un "revolucionario" no mundo da pintura do seu tempo pola orixinalidade na composición, a calidade do debuxo e o sentido da cor. Para moitos pode ser considerado un precursor do Barroco polo seu emprego da perspectiva. Entre os títulos das súas obras destacan: A crucifixión, Madonna da Victoira, O Parnaso, O Cristo morto, etc.
Aquí quédache un enlace para coñecer mellor a súa obra: http://www.arteespana.com/andreamantegna.htm
E aquí un vídeo por se prefires velo con música, unha marabilla:
Subscrever:
Mensagens (Atom)





