Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
25/08/2012
Anuncio mítico: Coca-Cola sensación de vivir.
1900: Morre Nietzsch

Tal día coma hoxe morría en Weimar o filósofo e escritor alemán Friedrich Nietzsch.
É autor de varios títulos fundamentais da historia de Filosofía: Así falou Zaratustra, Máis aló do ben e do mal, O crepúsculo dos ídolos, O Anticristo, Ecce Homo,etc.
Desde logo a súa obra foi importantísima na filosofía posterior, na relixión, na estética e en todos os movementos existencilistas.
Aquí che queda un enlace con frases súas: http://www.frasedehoy.com/call.php?file=autor_mostrar&autor_id=63
E aquí un vídeo para coñecelo mellor:
1984: morre Truman Capote

Tal día coma hoxe morría en Los Ángeles Truman Capote, novelista americano. Algúns críticos cualifican as súas novelas como "novelas -reportaxe" ou "novelas-documentos". Entre os seus títulos destacan: Outrass voces, outros ámbitos, Color local, Escritos escollidos, Memorias de Nadal, Os cans ladran, Música para camaleóns, etc. Algunhas das súas obras foron levadas ao cine.
24/08/2012
1899: Nace Jorge Luis Borges
Tal día coma hoxe de 1899 nacía en Buenos Aires Jorge Luis Borges, escritor. Empezou no vomemento do ultraísmo literario para ir evolucionando a medida que pasaban os anos. Primeiro hacia un nacionalismo argentino sobre todo na súa obra Fervor de Buenos Aires e en Luna de enfrente. Estéticamente, mantivo os moldes europeos. A súa obra ,que de primeiras parece sencilla, está chea de precisión e ironía. Entre os seus libros de relatos destaca El jardín de los senderos que se bifurcan, Ficciones, El Aleph, El Hacedor, etc. En 1979 comparteu con GErardo Diego o Premio Cervantes.
Neste enlace tes algunha frase súa: http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=107
Aquí che deixo un vídeo do propio Borges recitando poemas seus, que o disfrutes.
Anuncio mítico: Gila-Filomatic
1474: Nace Fray Bartolomé de las Casas.
Tal día coma hoxe de 1474 nacía en Sevilla Bartolomé de las Casas que se converitiría no máximo defensor dos indíxenas en tempos da masacre-colonización-civilización dos indios polas tropas-colonos-asasinos que os Reis Católicos financiaron en América .
Foille otorgada unha "encomienda" da illa de La Española, pero acabou renunciando a ela en protesta polo trato que os colonos daban aos indíxenas. En 1512 foi ordenado cura e entrou no orden de Predicadores, non parou en ningún momento de defender aos indios . A el se debe a promulgación das Nuevas Leyes de Indias (1542) que pedían un trato máis xusto para os poboadores autóctonos. En 1546 foi trasladado a México e nombrado obispo de Chiapas onde deu a coñecer a súa obra Avisos y reglas para los confesores,coa que os colonos o odiaron de vez provocando que voltase a España. O máis importante da súa obra é Brevísima relación de la destrucción de las Indias que serviu para que se coñecese a verdade do que pasaba en América.
23/08/2012
Subscrever:
Mensagens (Atom)

