Xa estades tardando en comprala, eh!!
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
11/08/2012
1931: Nace Fernando Arrabal.
O 11 de agosto de 1932 naceu en Melilla Fernando Arrabal, un dos grandes dramaturgos da lingua española. Mágoa que pasara á historia por saír borracho nun programa de TV. Non vou colgar o vídeo porque en Youtube aparece á primeira e prefiro centrarme no que de verdade importa que é o seu talento como escritor.
Entre os seus títulos figuran obras maestras como Pic-Nic un alegato contra o absurdo da guerra, Guernica, El laberinto, El triciclo, Oye, patria mi aflicción, en teatro. En poesía, La piedra de la locura e en prosa , La torre herida por el rayo,por exemplo.
Tamén é director de cine e ensaísta e ten moitos dos galardóns de máis prestixio internacional.
A ver que che parece Pic- Nic:
1903: Nace Ánxel Fole.
Tal día coma hoxe de 1903 nacía en Lugo Ánxel Fole, o noso Ánxel Fole. Sen dúbida é un dos grandes das nosas letras, os seus contos están á altura de nomes de sona internacional.
Non só foi un gran literato , o seu traballo no eido xornalístico é moi importante. No periódico El Progreso de Lugo creou e levou adiante o espazo Cartafolio de Lugo durante moitos anos. No 1932 fundou Yunque, unha revista literaria na que se publicaron por vez primeira os poemas galegos de García Lorca. E foi el o primeiro en publicar un artigo en galego no periódico vigués El pueblo gallego.
Entre os seus textos literarios , os máis destacados son: Á lus do candil, Terra Brava, Contos da néboa ou Historias que ninguén cre.
Aquí queda un vídeo para recordar a súa figura.
10/08/2012
100 anos do nacemento de Jorge Amado.
Hoxe cúmplense os 100 anos do nacemento do gran escritor brasileiro Jorge Amado. Foi un home moi comprometido coas súas ideas. Pode que o que máis sona lle dese fose un ciclo de novelas sociolóxicas composto de seis títulos : Cacao, Suor, Jubiabá, Capitáns na area e Terras sen fin. Outros títulos seus son: Teresa Batista cansada da guerra, A desaparición da santa ou De como os turcos descubriron América.
Este vídeo está en brasileiro, pero como eres listo non vas ter problemas para entendelo:
09/08/2012
1976: Morre Lezama Lima.
08/08/2012
1962: Morre Herman Hesse

Tal dia coma hoxe de 1962 morría Herman Hesse, un escritor alemán nacionalizado suizo. Era poeta e novelista. Considérase o útlimo representante do Romanticismo xermano. Era un home docto en temas de psicoanálise e filosofía oriental , con fondas preocupacións existenciais ,polo que nas súas obras hai un certo aire místico e unha busca continua do ego que dá sentido á existencia humana. Demian, O xogo dos abalorios ou O lobo estepario. Foi Premio Nobel de Literatura en 1946.
Neste enlace tes toda a información que precises: http://www.hermann-hesse.de/es
O seguinte vídeo recolle algunha frase súa:
Subscrever:
Mensagens (Atom)




