Que monos!
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
04/08/2012
1897: Atópase a "Dama de Elche".
O 4 de agosto de 1897 descubriuse a "Dama de Elche" no xacemento arqueolóxico de "La Alcudia". Trátase dun busto tallado en pedra caliza, de orixe íbero de entre os séculos V e IV antes de C. Mide 56 cm e ten na espalda unha cavidade en forma de esfera de 18 cm de diámetro e 16 de profundiade que se pensa que podía servir para gardar obxectos relacionados con rituais relixiosos ou coa morte. Dícese que foi un neno de 14 anos que estaba traballando na finca, Manuel Campello Esclápaz, quen o atopou.
1789: Fin do réxime feudal en Francia.
O 4 de agosto de 1789 os campesiños franceses protagonizaron unha insurrección que deu lugar por medios políticos, claro, á fin dos úlitmos vestixios do feudalismo en Francia, isto é , cos privilexios da nobleza.
Recordade que o lema da Revolución Francesa era : "Liberté, Égalité , Fraternité" .
Recordade que o lema da Revolución Francesa era : "Liberté, Égalité , Fraternité" .
1755: Nace o inventor do lapis moderno.
Tal día coma hoxe nacía Nicolas Jacques Conté. Xa sei que non vos di nada o seu nome , pero é máis importante do que pensades. Inventou o lapis!!! Que sería de nós sen o lapis? Estamos tan afeitos a telos na man que non se nos ocorre pensar que alguén o tivo que inventar. Pois foi este homiño. Era militar do exército de Napoleón e posuía unha mente prodixiosa. Non vos conto máis , só que a invención do lapis ten que ver ( que tristeza!) coa guerra:
03/08/2012
2003: Morre Cartier Bresson
Estaba destinado a ser parte da industria de fíos da súa familia , pero acabou sendo o "ollo do século XX". Está considerado como o creador da fotorreportaxe. Para el o importante era captar o instante, o momento exacto no que pasaba algo especial. Retratou a personaxes como Edith Piaf, Che Guevara, Fidel Castro, Picasso, Matisse...
Ademais é un dos fundadores da Axencia Magnum, unha das máis importantes do mundo.
Déixoche un enlace para que disfrutes da súa obra: http://www.magnumphotos.com/C.aspxVP3=CMS3&VF=MAGO31_10_VForm&ERID=24KL53ZMYN
1898: Fallece o arquitecto Garnier.
Tal día coma hoxe de 1898 morría o arquitecto francés Charles Garnier. Dito así, sei que sona a champú, pero foi un arquitecto moi importante. A súa obre é un claro exemplo do estilo Napoleón III. Se tiveches a sorte de visitar París xa coñeces parte da súa obra : a Ópera, o Cercle de la Librerie, o Panorama Français; tamén fixo o Observatorio de Niza e os Casinos de Vittel ou Montecarlo.
1954: Morre Colette.
Tal día coma hoxe de 1954 morría en París Sidonie-Gabrielle Colette. Ao principio , publicou con seudónimo masculino, Willy, a serie Claudina de novelas. O nome collérao do seu home, pero divorciouse e sufriu graves problemas económicos que solventou bailando en music-halls. Durante a primeira Guerra Mundial colaborou co diario Le Matin. En 49 anos escribiu máis de 70 libros. Pasou á historia non só pola súa prolífica obra, senón tamén por ser a primeira muller en entrar na Academia Goncourt. Na súa obra podemos atopar tanto os recordos e a atmósfera da súa infancia coma outro mundo adulto cheo de celos, sensualidade e amor pasional. No primeiro grupo inclúense obras como A casa de Claudina, Sido e no segundo; A inxenua libertina ou A gata. Deixoche un enlace para que coñezas algunhas frases tiradas das súas obras: http://www.frasesypensamientos.com.ar/autor/colette.html .
Subscrever:
Mensagens (Atom)






