Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
28/07/2012
Anuncio mítico: Mirinda.
1741: Morre Vivaldi.
Antonio Vivaldi foi un compositor e violinista italiano que morreu tal día coma hoxe de 1741 en Viena. É un dos máximos representantes da música instrumental barroca. Escribiu uns 450 concertos , os máis coñecidos son os que forman a colección das Catro estacións (1725). Tamén escribiu oratorios, cantatas , música sacra e óperas. Tanto traballo e morreu na pobreza.
Aquí che deixo un vídeo dun fragmento seu:
1951: Nace Santiago Calatrava.
Tal día coma hoxe de 1951 nacía en Valencia o arquitecto Santiago Calatrava. Admirado por uns e criticado por outros é o creador de moitísimas obras por todo o mundo. Neste enlace podes encontrar a súa obra e tódolos datos que che poidan interesar, é a súa páxina web:http://www.calatrava.com/ . Só para que che entren ganas de mirar direiche que el creou a ponte "del Alamillo" de Sevilla, a Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, o viaducto de Bach de Roda de Barcelona, a Gare de Oriente de Lisboa, o Auditorio de Tenerife, a Turning Torso en Malmö , Suecia; etc, etc, etc. Vouche poñer un vídeo para que xulgues ti mesm@ o seu traballo e o do seu equipo, porque estas obras son froito dun gran traballo en equipo , por suposto, el é a mente pensante pero sin o seu grupo non sería o mesmo.
27/07/2012
1663: Monopolio real do transporte marítimo.
Tal día coma hoxe de 1663, o Parlamento de Inglaterra aproba a Segunda Acta de Navegación pola cal tódalas mercadurías europeas con destino ás colonias británicas en América deben chegar ao seu destino en buques de bandeira inglesa. Visión comercial que lle chaman!!
1939: Nace Vázquez Montalbán.
Tal día coma hoxe de 1939 nacía Manuel Vázquez Montalbán. Foi un escritor superventas en español. Deuse a coñecer como poeta na colección Nueve novísimos poetas españoles e como articulista e ensaísta en varios medios. É imposible citar tódolos seus títulos, pero seguro que che soa o seu personaxe Pepe Carvalho que protagonizaba unha serie de televisión con guións baseados nas novelas de Montalbán, por exempo, Yo maté a Kennedy ou Los mares del Sur coa que ganou o Premio Planeta . Tamén destacou pola súa labor como crítico gastronómico: El arte de comer en Cataluña. Foi Premio Nacional das Letras Españolas. Morreu estando de viaxe en Tailandia en 2003.1951: Nace Bernardo Atxaga.
Tal día coma hoxe de 1951 naceu Bernardo Atxaga, de nome real, José Irazu Garmendia. É un escritor vasco que escribe e publica en euskera, pero ten tanto éxito que está traducido a moitas linguas. É licenciado en CC. Económicas e en Filosofía e Letras. Membro da Real Academia da Lengua Vasca. Entre os seus títulos de literatura juvenil destacan : Unha espía chamada Sara ou Memorias dunha vaca. Pero tamén escribe poesía, ensayo e literatura para nenos. Ten unha morea de premios , incluido o Premio Nacional de Narrativa por Memorias dunha vaca.26/07/2012
1875: Nace Carl Jung
Tal día coma hoxe de 1875 nacía Carl Jung. Quen?? Carl Jung, un psiquiatra suizo. Destacou no mundo da psicoanálise na que tivo a súa propia escola, primeiro foi discípulo de Sigmund Freud pero despois abandonou as súa teorías e elaborou as súas propias que se centraban na importancia do impulso creador do ser humano. Escribiu varias obras sobre o tema.
Neste enlace http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=533 tes algunha das súas frases.
1894: Nace Aldous Huxley
Tal día coma hoxe de 1894 nacía Aldous Huxley, un escritor británico. Se por algo destacou na súa vida foi pola súa intelixencia e pola súa retranca, con elas soupo retratar unha sociedade decadente, hipocrita e baleira. Seguro , segurísimo que tes oído algún dos seus títulos: Los escándalos de Crome,autobiográfica, Contrapunto ,na que retrata a personaxes da súa época, Un mundo feliz , esta si que che soa , nela retrata un mundo dominado polas máquinas e a xenética .
Gran frase para aplicar a nosa vida, non a esquezas nunca, o mundo será un lugar mellor para todos...
Subscrever:
Mensagens (Atom)




