+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

30/06/2012

ANUNCIO MÍTICO: Caldo STARLUX


Non é máis que un inocente anuncio de pastillas de caldo concentrado, pero deixa ben clariño o sitio de cada quen: a muller guapa, arreglada, cociñando para a familia;  o marido encorbatado ( supónselle un traballo de prestixio) está sentado á mesa para que ela o sirva e adícalle unha mirada "conforme"  despois de probar o guiso.
Menos mal que algunhas cousas van mudando, porque...os rapaces tamén poñedes a mesa, cociñades e facedes a tarefa da casa ; non?? Non esperaba menos de vós.
Cantádelle a canción a vosos pais, veredes como a saben. Bon proveito!!

José Emilio Pacheco: 1939


Nace en México en 1939.
Poeta, ensaísta, tradutor e profesor. Premio Cervantes 2009.
É autor de libros como : Los elementos de la noche, Irás y no volverás, El silencio de la luna  ou Tarde o temprano.
Déixoche un enlace para que o vaias  coñecendo:

1936: Publícase "Lo que el viento se llevó"


Margaret Michell, periodista, escribiu esta novela estando na cama despois dun accidente. É unha mezcla entre novela histórica e drama amoroso, unha marabilla de libro cheo de historias. A protagonista é Escarlata O'Hara e transcurre na Guerra de Secesión estadounidense. A novela ganou o premio Publitzer ao ano da súa publicación, (1937), logo adaptouse para o cine e a película ganou 8 Óscars en 1939.
Deixei o título en castelán porque na memoria da xente está en castelán, pregunta na casa se lles sona e veredes como o título lles sae en español. Cousas da diglosia !!! Temos  que cambiar isto: "O que levou o vento" ou "Foise co vento". Non está mal.

29/06/2012

Anuncio mítico: Cupón de la ONCE, 1984


Seguimos igual, a ver se toca algo...Aquí aínda pagaban en pesetas, se te fixas @s protagonistas son xente corriente e todos teñen a mesma ilusión : que lles toque o cupón. En cuestión de sorte, non cambiou nadiña.
Ensínallo a teus pais ou a teus avós e verás como saben a canción !! Eu creo que despois de tantos anos aínda a sabemos todos os que o vimos, claro!!

1900: Nace Antoine de Saint-Exupery


Tal día coma hoxe de 1900 naceu Antoine de Saint - Exupery.
Foi un novelista e aviador francés, autor de obras tan coñecidas como: O Aviador, Voo nocturno ou O Principiño.

Aquí vai un vídeo con frases súas que aínda perduran hoxe na memoria colectiva, está en portugués pero ti es list@ e non vas ter problemas para entendelo.



1905: Nace o poeta Manuel Altolaguirre.

Tal día coma hoxe de 1905 nacía en Málaga o poeta Manuel Altolaguirre.

Era un home moi comprometido socialmente e despois da guerra tivo que exiliarse por motivos políticos primeiro a Cuba e despois a México.
Xa de moi novo fundou a revista  poética  Ambos á que seguirán outras.
Podes atopar a súa obra en distintas edicións póstumas co título de Poemas.
Aqui déixoche un enlace para unha páxina que recolle a obra de poetas andaluces:
E aquí un vídeo cun poema seu:

1900: Nace a Fundación Nobel

Alfred Nobel naceu tal día coma hoxe . 
 Foi químico, empresario, fabricante de armas e multimillonario. Entre as súas patentes está a da dinamita, que o fixo máis rico aínda. Tiña cartos a moreas a ao morrer deixou escrito no seu testamento que quería que os seus cartos fosen destinados a premiar aos máis destacados en  Física, Química, Fisiología ou Medicina e Literarura.
Así que o 29 de xuño de 1900 naceu a Fundación Nobel para encargarse de administrar o seu patrimonio e dotar de cartos o galardón, pero non son eles quen os escollen, para  iso fórmanse comisións especiais de expertos.
A crise actual tamén fillo mella nos premios e este ano  a cuantía é menor.
É verdade que os cartos son importantes ,, pero decir que ganaches un nobel debe de ser o máximo...
A ti en que che gustaría ganar o Nobel? Xa ves que só hai cinco categorías .
Nesa ? Pois estuda!!!

28/06/2012

1936 Estatuto de Autonomía de Galicia


Tal día coma hoxe de 1936 o pobo galego apoiaba por maioría en referendo o Estatuto de Autonomía de Galicia.
Problema? Que non chegou a ser aprobado nas Cortes porque se meteu polo medio a Guerra Civil española.
A maioría dos que  o redactaron e promoveron eran republicanos e entre eles destacaron Villar Ponte e Lois Peña Novo.
As guerras sempre tran atraso , antes e agora, non??
NON Á GUERRA !! Nin antes, nin agora , nin nunca.
Se xa no 36 os nosos devanceiros  loitaron pola Galiza e por unha sociedade digna, nós non podemos ir para atrás coma o cangrexo. Temos que loitar para que Galiza ocupe o lugar que lle corresponde e para iso , temos que estar orgullosos do noso e do que somos. 
Somos ou non somos? Pois iso.