O 19 de xullo de 1848 tivo lugar a Convención de Séneca Falls, a primeira convención sobre os dereitos da muller en EE.UU., considerada a base do feminismo estadounidense, mesmo mundial. Foi organizado por Lucretia Mott e Elisabeth Cady Stanton. Como resultado de tal reunión publicouse a Declaración de Séneca Falls, a Declaración de Sentimentos. Este documento está basado na Declaración de Independenza dos EE.UU. e nel reclaman para as mulleres o dereito de poder votar, de poder presentarse a eleccións, de poder ocupar cargos públicos, de poder afiliarse a organizacións políticas e asistir a reunións. O normal, non? Ninguén fala disto, pero grazas a esta convención estamos hoxe onde estamos, o problema é que aínda hai moitos países nos que non se enteraron. Toca seguir loitando polos dereitos de tod@s, non??
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
19/07/2013
17/07/2013
1793: Guillotinan a Charlotte Corday.
![]() |
| A morte de Marat de Jacques-Louis David. |
O 17 de xullo de 1793 morría na guillotina Marie Anne Charlotte Corday d'Armont, máis coñecida como Charlotte Corday.
Madame Corday pasou á historia polo seu protagonismo na Revolución Francesa no bando dos xirondínos e por ter asasinado a Jean Paul Marat, líder do bando xacobino.
O asasinato de Marat converteuse axiña en tema para obras literarias ( Histoire des girondins de Alphonse de Lamartine ou Marat/Sade de Peter Weiss, por exemplo) e pictóricas (Paul-Jacques-Aimé Baudry, Jacques Louis David ou Santiago Rebull, entre outros, pintaron a escea).
O seu crime valeulle a Charlotte o sobrenome de "o anxo asasino"...
O seu crime valeulle a Charlotte o sobrenome de "o anxo asasino"...
16/07/2013
1967: Quiroga Palacios consagra a igrexa de Aguiño.
O 16 de xullo de 1967 foi consagrado o templo parroquial de Aguiño, no concello coruñés de Ribeira. O dato non tería maior interés de non ser porque é o primeiro templo da era moderna con inscripcións en galego. A súa consagración correu a cargo do cardeal Quiroga Palacios que deu nesa ocasión a súa primeira misa en galego,converténdose así no primeiro cardeal en empregar a nosa lingua no culto relixioso católico.
Aquel foi un pasiño importante no camiño da normalización da nosa lingua, mágoa que agora queiran que andemos ao revés.
Aquel foi un pasiño importante no camiño da normalización da nosa lingua, mágoa que agora queiran que andemos ao revés.
15/07/2013
14/07/2013
13/07/2013
1908: Olimpiadas de Londres.
![]() |
| Dorando Pietri chegando á meta. |
O 13 de xullo de 1908 tivo lugar a cerimonia de apertura dos IV Xogos Olímpicos da Era Moderna que tiveron lugar en Londres. O acontecemento estivo presidido polo rei Eduardo VII e nel participaron 2008 atletas( 37 deles mulleres) de 22 países que por primeira vez desfilaron por estados.
Un dos momentos máis lembrados desta edición olímpica é a chegada á meta do atleta Dorando Pietri na proba de Maratón que despois de 42 km , a piques de caer, desorientado, sen saber por onde seguir, foi axudado a cruzar a liña polos fiscais de pista e a continuación desmaiouse. Os xuíces descalificárono e perdeu o seu título. A raíña Alexandra para compensar o seu esforzo regaloulle unha copa de ouro.
12/07/2013
11/07/2013
Subscrever:
Mensagens (Atom)




