Un conto fermoso:
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
02/05/2013
30/04/2013
1883: Morre Manet.
![]() |
| O bar do Folies-Bergère (Manet) |
O 30 de abril de 1883 morría en París o pintor francés Édouard Manet. Foi un dos precursores do impresionismo cunha pintura baseada nun colorido moi luminoso e cunha pincelada moi solta. Na súa obra rompe coa pintura tradicional chegando a provocar o escándalo con algúns dos seus cadros nos que reproducía corpos espidos. Entre os seus títulos máis importantes están: Merenda campestre, O tocador do pífano, Lola de valencia, Nana, Olimpia , etc. No seguinte enlace podemos disfrutar dalgúns dos seus cadros:
http://www.ibiblio.org/wm/paint/auth/manet/
http://www.ibiblio.org/wm/paint/auth/manet/
A continuación un vídeo no que disfrutar da súa obra acompañada de boa música:
29/04/2013
1933: Morre Kavafis.
O 29 de abril de 1863 nacía en Alexandría ( Exipto) e o 29 de abril de 1933 morría en Atenas o poeta grego Constantin Kavafis. É recoñecido por ser un dos máis grandes poetas da Grecia do século XX e por ser o impulsor do renacer da lingua grega para o mundo da Literatura.
Os temas principais da súa produción foron a sensualidade, o amor homosexual, a impotencia ante a fugacidade da beleza... A súa poesía reborda de poder evocador e de sensualidade.
A súa obra foi máis coñecida no resto de Europa que no seu país. Só compuxo uns 150 poemas que se publicaron por vez primeira despois da súa morte , en 1935, seguindo as ordes que el deixara no seu testamento.
No seguinte enlace podemos ler algún dos seus poemas: http://www.ciudadseva.com/textos/poesia/cavafis2.htm
Velaí unha versión do seu poema Ítaca:
28/04/2013
1977: Legalización dos sindicatos en España.
![]() |
| [Madrid : PTE : PCU, 1977] (La Coruña : Gráficas Rigar). |
O 28 de abril de 1977 legalízanse os sindicatos en España despois de 4 décadas de ditadura franquista. Por fin, CC.OO., UGT , USO e demais sindicatos presentan os seus estatutos no Ministerio de Relaciones Sindicales para conseguir a tan arelada legalización trala aprobación da lei que regulaba o decreto de asociación sindical.
27/04/2013
The Super Rope Solution
Cando a preguiza, a avaricia e a gula se xuntan ...,o resultado pode ser fatal.
The Super Rope Solution - Animated Short from Auke de Vries on Vimeo.
The Super Rope Solution - Animated Short from Auke de Vries on Vimeo.
26/04/2013
1898: Nace Vicente Aleixandre.
![]() |
| Vicente Aleixandre |
O 26 de abril de 1898 nacía en Sevilla o poeta ,Premio Nobel de Literatura, Vicente Aleixandre.
É considerado o pai do verso libre na poesía española moderna. Na súa primeira etapa destacan as obras de temática amorosa: Espadas como labios ou La destrucción o el amor. Nunha segunda etapa ,marcada pola historia e a preocupación cívica ,destacan títulos como Sonidos de la guerra ou Diálogos del conocimiento. En prosa escribiu varios libros sobre poetas españoles e unha sobre Picasso .
No seguinte enlace podemos recordar algún dos seus poemas máis coñecidos: http://www.amediavoz.com/aleixandre.htm#
A continuación un vídeo dun poema de Vicente Aleixandre na súa propia voz:
25/04/2013
1953: Descubren a molécula do ADN.
![]() |
| Watson e Crick |
Hoxe sabemos que está formada pola unión de miles de subunidades denominadas nucleótidos. Hai catro tipo de nucleótidos, o lugar en que están dispostos na cadea constitúe a linguaxe na que está escrita a información xenética. Cada molécula de ADN está formada por dúas cadeas de nucleótidos. Esta cadea dobre prégase sobre sí mesma formando unha dobre hélice.
Non se imaxinaban Watson e Crick as consecuencias que os seus estudos terían para a humanidade. A xenética avanza a pasos axigantados e , se as leis o permiten, dentro dalgúns anos veremos grandes avances na prevención de enfermidades dexenerativas, en doenzas "raras" e en moitos males que son hoxe causa de morte e sufrimento para moitas persoas.
24/04/2013
1867: 1ª Asemblea do Ku-Klux-Klan
O 24 de abril de 1867 tivo lugar en Nashville (EE.UU.) a primeira asemblea do Ku.Klux-Klan (KKK), unha serie de organizacións de extrema dereita que predicaban e predican a supremacía da raza blanca, o antisemitismo, o racismo, o anticatolicismo, o anticomunismo, a xenofobia e o xeocentrismo. Os seus métodos baséanse na violencia e na intimidación queimando cruces para aterrorizar ás súas vítimas.
Esta organización xurdeu xusto despois da Guerra de Secesión americana, foi fundada por veteranos de guerra para evitar que a poboación negra acadase os dereitos que a vitoria do Norte na Guerra Civil lles concedía. En realidade, xa en 1865 houbera un intento de creación de algo parecido, pero podemos dicir que é agora cando se integran os distintos grupos xurdidos nunha soa organización.
O triste de todo este asunto é que o KKK sigue campando nos EE.UU. Agora atacan tamén a hispanos e asiáticos aos que consideran unha ameaza. Por sorte, non o fan tan abertamente como antes porque non é politicamente correcto e os movementos prodereitos civís serviron para algo, aínda así é triste que sigan existindo.
A esta xente haberia que explicarlles un par de cousiñas sobre a "supremacía étnica"...
Subscrever:
Mensagens (Atom)





