+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

15/03/2013

1916: Nace Blas de Otero.

O 15 de marzo de 1916 nacía en Bilbao o poeta Blas de Otero.  Os críticos din que a súa obra é o resultado da unión de ética e estética. Os seus poemas están cargados de fonda preocupación existencial. Entre os seus libros destacan Cántico espiritual, Pido la paz y la palabra ou Poesía con nombres.
No seguinte enlace podes dar unha volta pola súa obra:
http://www.amediavoz.com/otero.htm
Neste vídeo podemos escoitar ao propio Blas de Otero recitando un dos seus poemas:


14/03/2013

Jazz that nobody asked for.


Jazz that nobody asked for from Benny Box on Vimeo.
Porque en cuestión de gustos non hai que meterse...

1794: Paténtase a desmontadora de algodón.

Patente orixinal.

O 14 de marzo de 1794 Eli Whitney presentaba a patente da desmontadora de algodón que permitía separar con facilidade e rapidez as fibras do algodón das sementes e das casulas. Son moitos os que din que en realidade  a idea foi de Catherine Littlefield Green , pero como as mulleres non tiñan permitido rexistrar patentes na época, sería Whitney quen o faría no seu canto.
Visto agora non parece gran cousa, pero na época foi todo un invento que axilizou o procesamento do algodón para a súa industrialización. Que sería das grandes firmas téxtiles de hoxe en día sen inventos coma este?? A saber...

12/03/2013

1648: Morre Tirso de Molina.

O 12 de marzo de 1648 morría en Madrid fray Gabriel Téllez, coñecido no mundo literario como Tirso de Molina.  Ao longo da súa vida tivera trato con Lope de Vega e outros escritores de fama da época. Ademais dunha serie de novelas titulada Cigarrales de Toledo, Tirso escribiu máis de 400 pezas teatrais; non se poden citar todas pero entre elas destacan algúns títulos: El vergonzoso en palacio, Don Gil de las calzas verdes, El condenado por desconfiado e El burlador de Sevilla y convidado de piedra, que serviría como  inspiración para o Don Juan Tenorio de Zorrilla.  No seu teatro destaca o uso  da lingua, a pintura dos ambientes , a construcción psicolóxica dos personaxes e o tratamento que lle dá á figura do "gracioso", elemento imprescindible do teatro da época.
No seguinte vídeo podes disfrutar da súa obra El burlador de Sevilla: 


11/03/2013

ARK

1851: Estréase "Rigoletto".

O 11 de marzo de 1851 estreábase na Fenice de Venecia a ópera Rigoletto de Giuseppe Verdi. O libreto fora escrito por Francesco Maria Piave a partir dunha obra teatral de Víctor Hugo, Le Roi s'amuse. 
Esta ópera conta a historia de Rigoletto , un bufón xorobado ca corte do Ducado de Mantua do século XVI no medio de intrigas, enganos, pasión, amor filial e vinganza.
Aquí podes escoitar un fragmento:

10/03/2013

1760: Mace Moratín.

O 10 de marzo de 1760 nacía en Madrid o dramaturgo Leandro Fernández de Moratín. A súa produción vai desde o poema épico, La toma de Granada por los Reyes Católicos, pasando pola sátira en prosa, La derrota de los pedantes, ata chegar ao que máis fama lle deu, o seu teatro. É autor de cinco comedias nas que critica a sociedade da súa época.: El viejo y la niña, La comedia nueva o El café, El barón, La mojigata e El sí de las niñas.
Aquí podes ver esta última: